Código Competencias da titulación
A7 Illar, analizar e identificar biomoléculas. Identificar e utilizar bioindicadores.
A10 Manipular material xenético, realizar análise xenética e levar a cabo asesoramento xenético.
A11 Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A12 Desenvolver e aplicar produtos e procesos de microorganismos.
A13 Deseñar e aplicar procesos biotecnolóxicos.
A14 Realizar cultivos celulares e de tecidos.
A24 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Capacidade de impartir coñecementos de Bioloxía.
A28 Capacidade para o manexo de instrumentación científica.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.