A materia encádrase no segundo cuadrimestre do 4º curso da Licenciatura en Química, e está intimamente relacionada coa materia anual do mesmo curso "Química Inorgánica Avanzada". O conxunto das dúas asignaturas pretenden proporcionar unha adecuada formación ao alumnado nos ámbitos da Química de Coordinación e a Química do Estado Sólido. Por elo aconséllase que se cursen estas dúas materias simultaneamente, ou en todo caso que o alumno teña cursado con anterioridade e aproveitamento a "Química Inorgánica Avanzada". Asemade, é preciso que os alumnos que cursen a "Experimentación en Química Inorgánica" manexen adecuadamente os coñecementos impartidos nas materias "Química Inorgánica I e II", "Química Física", "Introducción á Espectroscopia" e "Experimentación en Síntese Inorgánica".
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías