Estudo de casos |
Impartiranse en grupos moi reducidos de alumnos, e neles formularanse e desenvolveranse experimentos, cálculos ou procedementos de tratamento e análise de datos, e interpretaranse os resultados obtidos. O seu obxectivo é capacitar ao alumnado para realizar traballos experimentais e/ou analizar e procesar datos. Ademais, serán un complemento para as clases expositivas e os obradoiros, e un instrumento eficaz para estimular nos estudantes as súas facultades científicas e desenvolver a súa destreza no laboratorio ou no entorno de traballo, o seu razoamento crítico e a comprensión dos procesos baixo estudo. O alumnado, en xeral, deberá ser quen de deseñar e rexistrar adecuadamente os seus propios procedementos. |
Seminario |
Impartidos en grupos moi reducidos. Esta metodoloxía esta pensada para realizar actividades de aplicación dos contidos teóricos e de resolución de cuestións, sesións de debate e discusión dirixida, problemas, casos, etc. que o profesor propón con antelación para que o alumno as estude e resolva. Con elas preténdese repasar e aclarar cuestións fundamentais e fomentar a participación activa e crítica do alumnado. |
Proba obxectiva |
Utilizarase para avaliar o grao de adquisición de competencias polo alumnado, así como para sinalar aqueles aspectos da materia que presenten maior dificultade. |