Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Incluirase actividades de análise de información, exposición de temas brevemente, discusión de conceptos e búsqueda de solucións. Valorarase o traballo, a exposición e a participación (Competencias A15, A23, A24, A25, B3, B5, C1, C2, C6) 7
Prácticas de laboratorio A avaliación incluirá cuestións a desenrolar durante as prácticas e unha proba sobre formas cristalográficas
(Competencias A1, A3, A9, A12, B3, B4, C1, C2)
20
Solución de problemas A avaliación incluirá cuestionarios de problemas (Competencias A1. A3, A6. A9, B4, C1, C2) 3
Proba mixta Consistirá nunha proba sobre contidos teóricos. A calificación mínima requerida para superar esta proba é de 5 puntos sobre 10. (Competencias A1, A3, A6, A9, A12, A24, A25, B4, B6, C1, C2) 70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é
requisito imprescindible obter unha calificación mínima de 5 puntos sobre un
máximo de 10 en cada unha das actividades avaliables. En caso contrario, a
asignatura non será superada.



Unha vez superadas todas as
actividades, a nota final calcularase da siguinte forma: a proba mixta suporá
un 70% da nota final, e as actividades de laboratorio e grupos pequenos
contribuirán co 30% restante. A asistencia a clases e prácticas de laboratorio,
e a entrega de problemas son obrigatorias para ser evaluados.



As Matrículas de Honra serán
outorgadas só aos estudantes que sexan evaluados ao longo do curso e
superen a correspondente avaliación en calquera das dúas oportunidades, ata
alcanzar o máximo de Matrículas de Honra posible segundo a normativa da
institución.



As calificacións de
prácticas de laboratorio e traballos en grupo reducido conservaranse na segunda
oportunidade, mentres que a calificación da proba mixta da segunda oportunidade
substituirá á obtida na primeira.



O alumno será declarado NON
PRESENTADO só se non participou en máis do 25% das actividades da asinatura.



Os alumnos que no obtiveran unha calificación
suficiente para aprobar a asignatura e volten a matricularse en posteriores
cursos académicos, deberán realizar tódalas actividades e procedementos de
avaliación novamente, xa que o proceso de ensino-aprendizaxe, que inclúe a
avaliación, refírese a un só curso académico.