Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase a calidade dos traballos realizados en canto a contido e referencias bibliográficas, así como a presentación escrita e oral.
As competencias avaliadas nesta actividade son: A24, A25, B3, B4, B5, C6 e C8.
15
Prácticas de laboratorio A realización das prácicas é obrigatoria. Valorarase o traballo experimental realizado no laboratorio e a memoria na que se recollerán obxectivos, resultados, tratamento dos datos e conclusións.
As competencias avaliadas nesta actividade son: A7, A19, A20, A24, B3, B4 e B5.
15
Proba mixta Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno e as seguintes competencias: A11, A13, A15 e B2.
65
Saídas de campo Cada alumno realizará un informe individual sobre as instalacións visitadas que entregará ao profesor. É unha actividade obrigatoria.
As competencias avaliadas con esta actividade son: A24, A25 e C6
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e á visita técnica, acadar en cada unha das actividades que contabilizan na avaliación unha nota mínima de 4 sobre 10, e acadar unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).

Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, por ter suspendido ou por non terse presentado á proba mixta, poderán repetila na segunda oportunidade. Nesta segunda oportunidade se conservarán as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio, no traballo tutelado e na visita.

Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen as actividades obrigatorias, non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades. Considerarase un alumno "non presentado" no caso de que non realice a proba escrita e teña realizado menos do 25% das actividades académicas programadas.

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, e  polo tanto, os alumnos que non superen a materia e volvan matricularse, terán que realizar todas as actividades programadas, sen manteren ningunha das cualificacións obtidas en cursos previos.