Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo de fin de Grao | Código | 610G01043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Cuarto | Obrigatoria | 15 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | Presentación do traballo perante un tribunal designado ao efecto e defensa do traballo realizado ante o mesmo. | 0 |
Resumo | Valorarase a calidade da memoria presentada, prestando especial atención á súa estructura de documento científico. | 0 |
Observacións avaliación | ||
A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Os criterios do tribunal faranse públicos antes das defensas dos TFG. O tribunal poderá ter en conta na cualificación final o informe emitido polo director do traballo, a fin de poder valorar aquelas competencias de difícil avaliación coa memoria escrita e/ou a presentación oral. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no R.D. 1125/2003 [1], de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa: a) 0-4,9 (suspenso) b) 5,0-6,9 (aprobado) c) 7,0-8,9 (notable) d) 9,0-10 (sobresaínte) Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador. No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC. A matrícula da dereito ao alumno a No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordó entre titor e estudante, e así o solicite o estudante. A relación de documentos a presentar por parte dos alumnos/as é: - Solicitude de defensa e avaliación do TFG. - Unha copia da memoria do TFG en papel, dacordo coas normas de presentación establecidas. - Unha copia do TFG en soporte dixital, dacordo coas normas de presentación establecidas. A documentación a presentar por parte do director é: - Informe de avaliación e autorización do titor académico. - Título do traballo en galego, castelán e inglés. - Se houbo codirección, nome do/a codirector. No acto de defensa, non antes, o tribunal disporá do informe de avaliación e autorización para presentar o TFG do director académico, así como da información académica do alumno. [1] Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE n.º 224, de 18 de setembro de 2003). |