Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Esta proba obxectiva constará de dúas partes, en función das características dos distintos temas, así como da dinámica do grupo.

- Coñecementos teóricos (test, definicións, cuestións de relacionar)

- Problemas (resolución de casos prácticos)

En ambas as dúas partes será necesario alcanzar o 50% da nota para superar a proba obxectiva.

As competencias a ser avaliadas serán:
A8
80
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio considéranse como unha actividade de asistencia OBRIGATORIA para superar a materia.

A avaliación consistirá nunha proba obxectiva na que se formularán casos prácticos concretos, relacionados cos ensaios de Biomoléculas, utilización das distintas técnicas e métodos para cuantificar e identificar estas, así como do manexo dos aparatos empregados durante as distintas prácticas.

Serán avaliados, ademais, a capacidade de representación gráfica de datos, interpretación de resultados., así como a de capacidade de discusión destes, para o cal será condición necesaria o emprego dunha linguaxe científica correcta.

As competencias a ser avaliadas serán:
A8, A30, A31
20
 
Observacións avaliación
CONVOCATORIA ORDINARIA DE XUÑO

A.-Para superar a materia será necesario alcanzar o 50% dos puntos, en cada unha das actividades avaliables: Teoría, Problemas e Prácticas.

B.-MATRÍCULA DE HONRA: Tendrán prioridade para optar a MH aqueles alumnos que se presenten na primeira oportunidade (exame oficial de Xuño).

CONVOCATORIA OFICIAL DE XULLO

A.-Para superar a materia será necesario alcanzar o 50% dos puntos, en cada unha das actividades avaliables: Teoría, Problemas e Prácticas.

B.-Aquellos alumnos que non realizasen a totalidade das prácticas (sen xustificación), terán que superar un EXAME PRÁCTICO, no laboratorio, co fin de obter os 20 puntos de prácticas de laboratorio (sempre e cando superasen a proba obxectiva das Prácticas previamente). Este exame práctico poderá consistir na realización de calquera das prácticas realizadas na materia durante o curso académico e interpretación correcta dos datos experimentais obtidos.

.-De cara á Cualificación Final (en calquera das 2 Opcións: Xuño ou Xullo), se a suma das notas é Maior de 5 pero algunha das partes está suspensa, nas Actas aparecerá un 4,9.

.-Nas 2 Opcións de Xuño e Xullo un NON PRESENTADO será aplicable cando o alumno non se presente a calquera dos exames das actividades avaliables.