Methodologies Description Qualification
Seminar Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario.
O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
As competencias a ser consideradas serán A6, A19, A20, A22, A23, A27, A29; B1, B2, B3, B5; C1, C6, C7, C8
15
Objective test Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 70% da nota final (máximo 7 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
As competencias a ser consideradas serán A6, A19, A22, A23, A29; B1, B3, B4; C1, C6
70
Laboratory practice Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas.
As competencias a ser consideradas serán A2, A4, A6, A11, A19, A20, A29, A30, A31; B1, B2, B3, B5; C1, C7
15
 
Assessment comments

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nas
sesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de
avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non
concorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos
nos seminarios.

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non
acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación,
tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran
ou non nos debates desenvoltos nos seminarios.

-Os alumnos que concorrendo a
unha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as prácticas de laboratorio, terán que facer fronte a un exame
complementarios con preguntas relativas ás mesmas como parte da proba
obxectiva, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de
5.0

Terán carácter de NON PRESENTADO
aqueles alumnos que non concorran á proba obxectiva, tendo ou non
realizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nos
debates desenvoltos nos seminarios.

Serán cualificados con SUSPENSO aquelas alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación.