Proba mixta |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. |
50 |
- Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
- A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
- A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
- Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
- As datas para a entrega de
tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que
impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente. - Obterá unha cualificación de
"non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba escrita
(a mixta) e que tampouco entregase tarefas ou prácticas equivalentes ou superiores ao 50%.
- Os alumnos que suspenden na primeira oportunidade e non se presentan á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. - Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
curso na que o/a estudante estea matriculado/a. Obviamente, a primeira obriga
dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
terceiro e cumprir as tarefas esixidas.
|