Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realización de actividades prácticas presenciais derivadas das sesións maxistrais. Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo. 20
Solución de problemas As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 30% sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados. 30
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 50
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro):

1.1.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre
10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar
parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo),
segundo as normas que se detallan na epígrafe 2.

1.2. O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias
mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación.

1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida
deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co
profesor a través do correo electrónico.

2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo):

2.1.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior,
excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial-
integrarase en "Solución de problemas" (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da
cualificación).

2.2. As metodoloxías que non foren
aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas
nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar
a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha
das metodoloxías.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):

3.1.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de
actividades for inferior ao 50%.