Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se exporán definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios expostos e, a presentación e a claridade da exposición realizada.

Poderase ter en conta a actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas.
20
Sesión maxistral Ao final do curso realizarase unha proba escrita. Esta proba inclúe:
- Preguntas cortas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.

- Problemas cun grado de dificultade similar aos exercicios realizados na clase e aos propostos nas coleccións de exercicios.

Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión dos mesmos e a sua aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.

Para aprobar a materia é necesario obter polo menos 3,2 puntos dos 8 posibles na proba escrita.

A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua.
80
 
Observacións avaliación

Estudantes con matrícula a tempo parcial: De darse o caso de que non puidesen asistir no horario que lles corresponda ao seu grupo a algunha e as probas avaliables como "prácticas de laboratorio", e sempre que o comunicasen con suficiente antelación, intentarase integralos nalgún dos outros grupos existentes e, en último caso, trataríase de facilitar o cambio da data da proba.