Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. 40
Proba obxectiva A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 40
Traballos tutelados O traballo tutelado consistirá na resolución de un caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar o curso será necesario acadar unha puntuación mínima en cada unha das metodoloxías avaliables, que será indicada na presentación da materia.

Para a segunda oportunidade (exame de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e disporán dunha segunda data de entrega das prácticas propostas.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL

A avaliación será igual que a dos alumnos a tempo completo.