Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA | Código | 651G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. | 10 |
Proba mixta | Proba mixta.- Inclúe. 1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por 10 preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado. 2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe: - Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de 20 preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira. - Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica. - Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas. 3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude. |
70 |
Traballos tutelados | 10 | |
Presentación oral | 10 | |
Observacións avaliación | ||
Os en caso de que a materia sexa impartida por máis de 1 docente, a nota final será a media entre as notas acadadas en cada parte evaluada. En caso de ter una nota media final con 5 ou más de 5, e una parte suspensa, ésta, deberá alcanzar un mínimo de 3 puntos sobre 10 (30 % de coñecemento). |