Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA XERAL | Código | 651G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | MÓDULO MASOTERAPIA E OUTRAS TERAPIAS - prácticas realizadas polos alumnos e traballo tutelado sobre as prácticas, en grupos de 3-4 alumnos/as. Presentaranse as reflexións dunha selección de prácticas efectuadas pola profesora (ver metodoloxía). A entrega do documento facilítase ata o día do exame ao que algún dos membros do equipo se presente. MÓDULO ELECTROTERAPIA Y E ULTRASONOTERAPIA As prácticas presenciais non terán puntuación adicional aínda que son parte esencial para superar a materia. Como actividade non presencial, realización en grupos de 3-4 dun portafolios das prácticas. Se irán sinalando as prácticas a facer por cada grupo de alumnos e a súa exposición en clase. |
20 |
Aprendizaxe colaborativa | AMBOS MÓDULOS Realizarase en grupos de 3-4 persoas. O profesorado exporá as preguntas/tema que han de ir resolvendo/preparando o alumnado. Irase controlando a súa realización secuencialmente, segundo a cronología disposta polo centro. Non contará para a nota de modo xeral, salvo para beneficiar ao alumno no caso de que mostre un traballo constante e dedicado durante o curso e superando previamente o 50% da puntuación. Con todo, poderase perder a opción de exame de xuño se non se fixo entrega das correspondentes actividades nas datas sinaladas para iso Para o módulo de electroterapia e ultrasonoterapia, se poderán plantexar as preguntas para resolver en clase a modo de exame parcial. Para este mesmo módulo, existirá un programa de titorización por pares que poderá sumar ata un punto a nota final. Para iso, o alumnado terá que presentarse como titor como tarde na 8ª semana de clase e terá que ter alumnos/as que queiran ser titorizados por el/ela, como máximo 4 alumnos. En función da nota que saque o titor (ata 0,1), os titorados (ata 0,1), das actividades desenvolvidas, dúbidas resoltas e informe presentado (ata 0,6), e da avaliación que lle dean ao titor (ata 0,2), se extrairá a nota. |
0 |
Proba mixta | O exame teórico contará ata un 50% da nota final, e ata un 30% o exame práctico. Exame teórico:preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico. Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada unha das partes (teórica e práctica) no exame. Só se sumará a nota da avaliación continuada se se aprobaron os exames teóricos e prácticos. Non se garda a parte teórica ou práctica do parcial para xullo a non ser que se sacou polo menos un 60% da nota máxima. MÓDULO ELECTROTERAPIA E ULTRASONOTERAPIA O exame teórico contará ata un 50% da nota,e o exame práctico un 30% da nota final. Exame teórico: poderá contar cunha pimera parte de preguntas tipo test, e unha segunda parte de preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, á capacidade de síntese ou á capacidade de interrelación e expresión escrita. Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada un dos exames das partes (teórica e práctica). Só se sumará a nota da avaliación continuada se se aprobaron os exames teóricos e prácticos. Non se garda a parte teórica ou práctica do parcial para xullo a non ser que se sacou polo menos un 60% da nota máxima. PARA AMBOS OS MÓDULOS Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima. |
80 |
Observacións avaliación | ||
A asistencia á clase práctica é moi recomendable e a non asistencia debe estar ben xustificada e podería impedir a valoración continuada. Se gardará cada nota de cuatrimestre aprobado ata a convocatoria de julio, incluida. Se non se aprobaran os dous módulos na convocatoria de xuño, gardarase o módulo aprobado para o curso seguinte se se obtivo polo menos o 70% da nota. Se algún/a alumno/a preséntase ao exame dun dos dous módulos e non ao outro, constaralle como non presentado na nota final. No momento que se presentou a algún exame de ambos os módulos ou se lle deu por superado un deles e presentouse ao outro, xa non poderá constar como non presentado, sendo necesaria a aprobación dos dous módulos para poder constar como aprobado na nota final. Para o presente curso, se inciará co MÓDULO MASOTERAPIA E OUTRAS TERAPIAS no primeiro cuadrimestre e seguirase co MÓDULO DE ELECTROTERAPIA E ULTRASONOTERAPIA no segundo cuadrimestre. |