Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación.
20
Estudo de casos
O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro. Abarcan distintas situacións problemáticas relacionadas coa utilización das TIC, coa metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, coa integración do enfoque de xénero en orientación profesional e coa curación de materiais e recursos didácticas que están ó dispor na rede.

35
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas, a súa aplicación no TFM e no período de prácticas e a relación co resto das materias do mestrado. 35
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e da que hase dar conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
As actividades grupais deste apartado desénvolvense no marco da aprendizaxe colaborativa
10
 
Observacións avaliación

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación:

  • Cartafol individual (3,5 puntos)
  • Actividades grupais (4,5 puntos)
  • Proba mixta (2 puntos)
  •   Para superar a materia cómpre sacar a metade da cualificación que se asigna a cada unha das tres actividades.O portafolios do alumnado é unha actividade individual e ha de ;conter os seguintes apartados:

  • Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, utilizando como criterios os resultados de aprendizaxe da materia)
  • Marcador social
  • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que profundizar.....
  • Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e especialmente coas materias do itinerario de FOL.
  • Aplicación na elaboración do TFM
  • Aportacións  para  a observación e análise  durante o Practicum
  • Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia e relación co resto das materias do módulo específico
  • Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un dossier no que se  teñen que incluir as  actividades realizadas en grupo. Ademáis das fichas de avaliación e autovaliación do traballo en grupo, hai que incorporar unha descrición e reflexión sobre o funcionamento do grupo (distribución de tarefas, número e obxectivos  das reunións  realizadas, cambios introducidos  para a mellora do funcionamento do grupo, balance sobre o funcionamento do traballo grupal (fortalezas e debilidades que habería que mellorar).

    Para cualificar as actividades grupais tense en conta a
    autoavaliación e coavaliación realizada entre e polos membros do
    grupo. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación seran
    fixados en colaboración co alumnado.

    Aquelas persoas que, por razóns debidamente
    acreditadas non podan ter unha asistencia regular
    , poden
    acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para optar esta
    modalidade cómpre  establecer coa docente as actividades de avaliación
    e o  proceso de supervisión e seguimento.