Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Exposición do traballo tutelado 20
Traballos tutelados Deseño dun proxecto de innovación ou investigación 80
 
Observacións avaliación

Para cualificar os traballos tutelados tense en conta a autoavaliación  e coavaliación realizada entre e polos membros do grupo. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación seran fixados en colaboración co alumnado.

A cualificación  da presentación oral vai ser obtida  a través da coavaliación do grupo clase. O procedemento e criterios será consensuado co alumnado.

Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter
unha asistencia regular

poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para  optar esta modalidade cómpre concretar coa docente  as actividades de avaliación e o  procedemento  para a súa   supervisión e seguimento .