Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria | Código | 652608822 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo |
Lecturas | O alumno, como parte do seu traballo autónomo, debe ler algúns textos facilitados polo profesor, sobre todo para a realización do traballo tutelado, mais tamén para o seguimento dalgunhas das actividades propostas (neste caso, a lectura farase con anterioridade á actividade) |
Análise de fontes documentais | Analizarase en grupo documentos de moi diverso teor atinentes ás metodoloxías para o ensino das linguas e literaturas (legais, fontes de información, ferramentas, libros de texto etc.) |
Prácticas a través de TIC | O alumnado traballá nun espazo de traballo colaborativo en liña, onde se celebrarán as discusións dirixidas asíncronas, estará disponibilizado un glosario e unha parte das lecturas. |
Discusión dirixida | Unha das actividades desta materia consiste na participación asíncrona de todos e todas nun debate dirixido sobre certos temas propostos polo docente. O obxectivo destas discusións é o intercambio de opinións creativas maduradas a partir da lectura da bibliografía recomendada para cada sesión. Tan importante como deixaren constancia da propia opinión será leren e dialogaren coas opinións dos compañeiros. |
Proba de ensaio | O alumno deberá realizar dúas probas escritas, unha de lingua e literatura españolas e outra de lingua e literatura galegas. |