Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballo en grupo que consistirá nunha proposta didáctica para levar a cabo nunha aula de Educación Infantil. 50
Proba mixta Proba que integra preguntas de certa amplitude e preguntas de resposta breve. Valórase o coñecemento dos contidos, a capacidade de síntese, a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobadas as dúas probas. O estudantado que concorra á oportunidade de xullo só repetirá a parte suspensa. 

Os grupos deberán estar formados por un mínimo de catro persoas. Aquelas persoas que non constitúan grupo ou non asistan regularmente ás clases serán avaliadas unicamente a través da proba mixta, que suporá o 100% da cualificación.

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega, tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é preceptivo para aprobar a materia.