Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Educación matemática I | Código | 652G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | Traballo en equipo sobre un tema de interese, en que se destacará o papel das matemáticas. Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. |
15 |
Prácticas de laboratorio | Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,... | 10 |
Proba mixta | Valorarase a exposición e argumentación realizada en cada unha das probas. | 40 |
Presentación oral | Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. | 5 |
Foro virtual | Cada estudante proporá un foro de debate, ao redor dunha noticia ou evento e participará en foros propostos por outros estudantes. | 3 |
Proba de resposta múltiple | Ao finalizar cada tema establecerase un espazo curto de tempo (unhas 2 horas) nas que cada estudante se conectará á plataforma virtual para realizar o test. Unha vez iniciado o test disporá de 2 minutos para realizalo, sen posibilidade de repetilo. O calendario de realización deste test estará dispoñible ao comezo do curso. O test de cada un dos temas constará de 5 preguntas cada unha con tres opcións de resposta. Cada resposta correcta valerá dous puntos e cada resposta incorrecta restará un punto. |
20 |
Recensión bilbiográfica | Cada estudante debe elixir un libro de lectura apropiado para un estudante de Educación Primaria e analizar o seu contido matemático e tamén propor actividades dobre este libro, para realizar na aula. | 7 |
Observacións avaliación | ||
As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirá a puntuación final. A asistencia considérase obrigatoria. Será necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no exame final (Proba mixta) para poder facer media coas demais actividades avaliables, segundo a planificación máis arriba indicada. O estudante que non asista ao 80% das clases, non será avaliado mediante o sistema anterior. Será avaliado mediante un exame final (80%) e a realización do test de cada tema (20% a media do 7 test), constituíndo esa nota conxunta a cualificación final desta materia. Se non se asiste a clase e realízanse os traballos programados (Investigación, Presentación oral, Recensión e Foro), a avaliación destes traballos suporá o 15% da cualificación final, a media do test outro 15% e o exame o 70%. |