Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Valorarase a exposición, a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas. 50
Traballos tutelados Valorarase o grado de consecución de cada un dos traballos propostos que deben cumprir as directrices expostas de cada un deles. 15
Prácticas de laboratorio Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ... 10
Presentación oral Valorarase a claridade, a habilidade para presentar a información e a comunicación dos resultados e as conclusións. 5
Foro virtual Cada estudante proporá un foro de debate, ó redor dunha noticia ou evento e participará nos foros propostos por outros estudantes. 3
Proba de resposta múltiple Ao finalizar cada tema establecerase un espazo curto de tempo (unhas 2 horas) nas que cada estudante se conectará á plataforma virtual para realizar o test. Unha vez iniciado o test disporá de 2 minutos para realizalo, sen posibilidade de repetilo.
O calendario de realización deste test estará dispoñible ao comezo do curso.
O test de cada un dos temas constará de 5 preguntas cada unha con tres opcións de resposta. Cada resposta correcta valerá dous puntos e cada resposta incorrecta restará un punto.
17
 
Observacións avaliación

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirá a puntuación final.

A asistencia considérase obrigatoria.

Será
necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no exame final
(Proba mixta) para poder facer media coas demais actividades avaliables,
segundo a planificación anteriormente indicada.

O estudante que non
asista ao 80% das clases, non será avaliado mediante o sistema
anterior. Será avaliado mediante un exame final (80%) e a realización do
test de cada tema (20% a media dos 5 tests), constituíndo esa nota
conxunta a cualificación final desta materia.