Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Esta proba centrarase na presentación oral dos traballos desenvolvidos en torno aos traballos realizados nas prácticas TIC. Valorarase:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
30
Prácticas a través de TIC En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
70
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:

Opción A.
Alumnado cunha
asistencia/participación  nas actividades de clase mínima do 80%:
    a) Elaboración
das práctricas en pequeno grupo (70%).
    b) Presentación
das prácticas de grupo (30%).

Opción
B.

Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)
(29/5/212).

Alumnado cunha
asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 80%:
    a) Elaboración
individual das prácticas (70%).
    b) Presentación
individual das prácticas (30%).

2. OBSERVACIÓNS
ADICIONAIS:

Para
superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha
das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral).