Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva É unha proba escrita que consta de 2 partes, teoría (40%) e problemas (60%).
Na parte de teoría valóranse a exposición razonada dos fundamentos teóricos da materia e a súa aplicación a cuestións concretas.
Na parte de problemas valórase tanto a formulación como o desenvolvemento da solución.
Faranse dúas probas obxectivas no curso, coincidindo cos periodos marcados no centro para tal fin. A primeira sobre os temas 1-7 e a segunda sobre os temas 8-13.
100
 
Observacións avaliación
  • A cualificación final da materia calcúlase como a
    media das cualificacións obtidas nas dúas probas obxectivas realizadas á metade do cuatrimestre e ao final do cuatrimestre.
  • Segunda Oportunidade: O alumnado que obteña unha cualificación final de suspenso, terá unha segunda oportunidade de superar a materia na convocatoria de xullo. Esta
    segunda oportunidade constará de unha única proba obxectiva sobre todos os temas do curso.
  • A profesora poderá considerar a entrega por escrito ou presentación oral de un traballo con carácter voluntario que computará positivamente na cualificación final; sempre que a alumna ou alumno teña na proba obxectiva unha cualificación igual ou superior a 4.
  • Non Presentados: Cualificarase como "Non Presentado" únicamente ó alumnado que non teña realizado ningunha das  probas obxectivas.