Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas 10
Proba obxectiva A teoría contribúe o 40% á nota e os problemas un 60%. 90
 
Observacións avaliación

Realizarase dúas probas obxectivas, unha parcial ao longo do cuadrimestre e outra final. Ambas as dúas coincidirán coas datas de exame aprobadas en Xunta de Escola. As probas constarán dunha parte de teoría e outra de problemas, cunha duración máxima de 4 horas.

A proba parcial abranguerá os contidos incluídos no Capítulo I: Termodinámica. Terá carácter eliminatorio e supoñerá o 30% da nota global.

A proba final abranguerá todos os contidos da materia. Supoñerá o 90% da nota global para aqueles alumnos que non superasen ou non se presentasen á proba parcial. Os alumnos que superasen a proba parcial poderán examinarse unicamente da parte correspondente ao Capítulo II, cuxo resultado representará o 60% da nota global. Alternativamente poderán optar por examinarse das dúas partes se desexasen subir a nota do exame parcial.

En segunda oportunidade avaliaranse as partes pendentes tendo os resultados parciais e as prácticas a mesma validez que na primeira oportunidade