Código Competencias da titulación
A13 Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de máquinas
A15 Coñecemento das características dos sistemas de propulsión naval
A20 Coñecemento das características dos materiais estruturais navais e dos criterios para a súa selección
A21 Coñecemento dos procedementos e sistemas que se empregan para o control da corrosión mariña
A29 Coñecemento dos procesos de construción naval
A30 Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á distribución dos espazos do buque
A31 Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais, así como dos criterios para a súa selección
A32 Coñecemento dos motores diésel mariños, turbinas de gas e plantas de vapor
A33 Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais
A34 Coñecemento das máquinas eléctricas e dos sistemas eléctricos navais
A40 Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á selección e montaxe dos medios de carga e descarga do buque
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade