Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte do alumno. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o alumno unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas que reflictan o grao de coñecemento da materia. 70
Solución de problemas Formularanse cuestións prácticas nas que o alumno buscará a solución a un determinado problema. 30
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia consta de dúas partes:

i)
solución de problemas: teñen lugar mediante probas escritas e mais
durante o desenrolo dos obradoiros na aula, no que o profesor valora de
forma individual o grao de coñecemento da materia de cada alumno.

Esta parte representa o 30% da cualificación.

ii) a realización da proba mixta.

Esta
parte supón o 70% da cualificación da asignatura para os/as estudantes
que queiran conservar a cualificación ao que se refire o apartado i).

Para aqueles/as que renuncien a cualificación do apartado i), a proba mixta representa o 100% da cualificación.