Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro. AM1
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural. AM3
Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade. AM10
Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais. AM14
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos. BM3
Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado. BM6
Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental. BM8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socieconómico e cultural da sociedade. CM11