Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Avalíase a aprendizaxe asociada aos contidos iniciais desenvolvidos na materia: os fundamentos básicos de Química Cuántica e a súa aplicación a sistemas sinxelos.
A proba poderá combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve.
Competencias avaliadas: A1, A8, A14

10
Proba mixta Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia.
Proba con dúas partes diferenciadas, unha que inclúe preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve (50%) e outra de desenvolvemento e resolución de problemas (50%).
Competencias avaliadas: A1, A8, A12, A14, A15, A21, B2, B3

70
Prácticas de laboratorio Avalíase a capacidade para resolver unha serie de problemas prácticos propostos, relacionados cos contidos de Química Cuántica, empregando programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos.
Avalíase tamén a presentación final escrita dos resultados obtidos.
Competencias avaliadas: A1, A8, A21, C1, C3

10
Traballos tutelados Avalíase o traballo en grupo das actividades non presenciais propostas. Avalíase tanto a resolución da actividade, como a presentación escrita e oral.
A cualificación é única para todos os membros dun mesmo grupo.
Competencias avaliadas: A1, A8, A16, B2, B3, B5, C1, C3

10
 
Observacións avaliación

Requisitos para aprobar a materia:

- É requisito imprescindible realizar as prácticas e participar en todas as demáis actividades avaliables para poder aprobar a materia.

- Para poder realizar as prácticas da materia é necesario
a asistencia regular ás clases maxistrais e aos seminarios en grupos
pequenos,asi como realizar a proba obxectiva de mediados do cuadrimestre.

- Para que se teñan en conta todas as actividades que contribúen
á avaliación será preciso obter unha cualificación mínima de 1.5 (sobre 5)
en cada unha das partes diferenciadas da proba mixta final e unha
cualificaciónmínima de 4.0 (sobre un máximo de 10).

- Considerarase aprobada a materia cando a cualificación final sexa
igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e se alcanzara a cualificación
mínima na proba mixta final.

- De non ter alcanzado a cualificación mínima na proba mixta
final a materia figurará como suspensa, aínda que a media das calificaciónes
obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en
cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5.

Cualificación "non presentado":

- A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que
non realizasen a proba obxectiva de mediados do cuadrimestre, nin as prácticas
nin a proba mixta final.

Segunda oportunidade:

- A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha
segunda oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente,
mantéñenseas cualificacións das prácticas de laboratorio, da proba obxectiva e
dos traballos tutelados obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación
daproba mixta da segunda oportunidade substituirá a obtida na proba mixta
daprimeira oportunidade.

-Os alumnos que sexan avaliados na chamada
"segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o
número máximodestas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade
na"primeira oportunidade".

Sucesivos cursos académicos:

- O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación,
refíresea un curso académico e, polo tanto, volta a comezar cun novo curso,
incluídastodas as actividades e procedementos de avaliación que se programen
para odevandito curso.

Datas proba mixta final:



- As probas mixtas finais correspondentes ás
dúasoportunidades realizaranse nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de
Facultadedo Centro.