Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 2 | Código | 610G01022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Actividade presencial dirixida a un grupo relativamente numeroso de alumnos (dun máximo de sesenta) na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar e, en determinadas ocasións, o alumno terá mesmo que preparar certas partes da materia nas horas non presenciais. |
Solución de problemas | Clases en grupos reducidos ou moi reducidos, que están concibidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Nelas resolveranse as dúbidas relacionadas con aspectos tratados tanto nas sesións maxistrais como con contidos que o alumno tivera preparado nas súas horas de traballo non presenciais. Estarán tamén adicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente lles foran entregados, así como ao estudo intensivo dun tema a través da discusión do mesmo entre todos os compoñentes do grupo. |
Prácticas de laboratorio | Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O alumno terá que realizar en primeiro lugar un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos coma teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes da súa entrada no laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, coa finalidade de determinar se o grao de coñecementos acadado é suficiente como para que poda proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental de laboratorio. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. Todo o traballo descrito anteriormente debe quedar recollido con exactitude nun caderno de prácticas de laboratorio. |
Proba mixta | Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza: - de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo - de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais - de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos - de elección entre respostas múltiples. |