Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A avaliación da parte experimental da asignatura supón un 75% da calificación final. Inclúe:
1. O traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. (20%)
2. Grao de preparación previa de cada práctica e interpretación dos resultados e as conclusións obtidas na mesma. Serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno (35%).
3. Exposición oral na que se presentarán os experimentos desenvolvidos no laboratorio de xeito breve (15%).
4. Caderno de laboratorio e informes de cada unha das prácticas (30%).
75
Seminario Avaliarase a participación activa do alumnado nas clases de seminario e nas clases expositivas. 5
Traballos tutelados Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas ns mesma serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Presentación oral Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Resumo Valorarase o caderno de laboratorio elaborado por cada alumno, así como os informes de cada unha das prácticas realizadas. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Proba mixta Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia.
Aqueles alumnos que asistan regularmente a todas as actividades programadas durante o curso poderán presentarse a unha proba parcial. Os alumnos que obteñan un mínimo de catro puntos (sobre dez) nesta proba parcial, e sempre que a nota media por curso sexa mínimo de cinco ptos sobre dez, estarán exentos de realizar o exame final.
20
 
Observacións avaliación

Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria.
Primeira oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a evaluación é preciso obter a calificación mínima indicada para cada unha delas. Por tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, e no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como "suspenso". No momento en que o alumno comence o traballo presencial de prácticas de laboratorio considerarase que escomezou o proceso de avaliación, e por tanto a súa cualificación non poderá ser "non presentado".
Segunda oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. O alumno será avaliado mediante unha proba obxectiva (que computará por un máximo de 2 puntos), e unha proba práctica de laboratorio (que computará por un máximo de 8 puntos). A proba práctica consistirá na preparación e execución dunha práctica de laboratorio seguindo os mesmos criterios detallados no apartado "metodoloxía", coa única salvedade de que a preparación previa non será titorizada. Dada a importancia da preparación previa, se esta se realiza de maneira inadecuada o alumno recibirá a cualificación de suspenso antes de comezar o traballo de laboratorio.
Dende o momento en que o alumno comece a preparación da práctica, ou a realización da proba obxectiva, considérase que decidiu ser avaliado, e por tanto non procede a cualificación de "non presentado".


Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade.


Respecto aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comezar cun novo curso académico, incluindo todas as actividades e procedementos de evaluación que se programen para dito curso.


Nota: Competencias que se avalían nas distintas metodoloxías:


Competencias A1, A3, A4, A5, A9, A12, A14, A15, A16, A17, A18, A19, A20, A21, A22, A23, A24, A25, B1, B2, B3, B4, B5, B7, C1, C7, C8 avaliaranse nas "Prácticas de Laboratorio".


Competencias A1, A3, A4, A5, A9, A12, A14, A15, A20, A21, A24, B2, B3, C1 avaliaranse na "Proba Mixta".


Competencias A14, A15, A16, B1, B2, B4, B7, C1 avaliaranse na participación en "Seminario" e "Clases Expositivas".