Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Experimentación en Química Orgánica | Código | 610G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | Nos traballos tutelados avaliarase o traballo autónomo realizado polo alumno para a preparación das prácticas de laboratorio. Durante as tutorías os alumnos terán que expor parte das conclusións do informe, valorarase a calidade da exposición así como a participación activa na resolución dos problemas expostos. A cualificación desta parte incluirá a avaliación do caderno de laboratorio. Competencias: A1, A9, A15, A16, A18, A20, A24, A26, C3. |
40 |
Prácticas de laboratorio | Levarase a cabo unha avaliación continua do traballo no laboratorio onde se terá en conta o interese e dedicación do alumno, a adecuada planificación e organización do traballo, o respecto ás normas de seguridade e a destreza alcanzada nas operacións de laboratorio. Competencias: A1, A4, A9, A15, A16, A17, A18, A19, A20, A22, A23, A24, A26 |
30 |
Proba mixta | Prográmase unha proba mixta, na que o alumno deberá explicar por escrito como levaría a cabo unha experiencia similar ás prácticas realizadas no laboratorio. A partir dos datos fornecidos no enunciado (descrición e cantidades dos materiais de partida e estrutura dos produtos a sintetizar) terá que: (1) realizar todos os cálculos necesarios, (2) propor procedementos experimentais adecuados para a preparación e purificación de compostos, (3) describir as montaxes requiridas e (4) propor mecanismos de reacción que permitan explicar os procesos implicados. Competencias: A1, A4, A9, A15, A20, A24. |
30 |
Observacións avaliación | ||