Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na primeira sesión levaráse a cabo unha presentación xeral da materia: obxectivo, contidos e organización da materia. En sesións posteriores explicaranse as nocións básicas de instrumentación, calibración, e fundamentos de espectrometría de masas.
Seminario Aspectos xerais da utilización das técnicas de determinación estrutural.

Obradoiro Emprego de programas de simulación e resolución de casos prácticos de determinación estrutural. Resolveranse os problemas propostos, elaborando estratexias que integren as distintas técnicas espectroscópicas para a elucidación estrutural. Previamente ao desenvolvemento dalgunhas sesións, os alumnos deberán elaborar solucións por escrito para algúns dos problemas propostos.
Prácticas de laboratorio Realizaranse proxectos integrados que impliquen a combinación de diversos procesos e técnicas experimentais. O alumno desenvolverá as prácticas de laboratorio programadas e será necesaria a elaboración dos informes de laboratorio, que recollerán os datos obtidos e a súa discusión, así como as respostas ás cuestións prantexadas, para profundar na comprensión dos experimentos realizados.
Proba mixta A proba mixta constará de preguntas e problemas a resolver relacionados coa temática das clases expositivas, dos talleres/seminarios impartidos (determinación estrutural) e das prácticas de laboratorio.