É fundamental a participación nas clases e actividades así como o
traballo/estudo diario co apoio da Bibliografía recomendada, que axudará ao
mellor entendemento e comprensión da asignatura. Recoméndase a asistencia
continuada posto que haberá clases de resolución de exercicios e problemas
experimentais puntuables que axudará ao estudo e preparación do exámen final por
parte do alumno. Ademais aconséllase a asistencia a tutorías para solucionar
dúbidas e aspectos do temario que presenten especial dificultade para o
alumno. |