Tema 2. Principais contaminantes atmosféricos. Control analítico da contaminación atmosférica. |
Contaminación atmosférica: emisión e inmisión. Principais contaminantes e as súas fontes. Efectos no medio ambiente e na saúde. Parámetros de calidade do ar. Redes de vixilancia e control. Lexislación específica. Toma de mostra. Investigación analítica dos principais contaminantes na atmosfera.
|
Tema 4. Principais contaminantes no chan e na vexetación: fontes e efectos. Control analítico da contaminación. |
O chan como receptor de verquidos e residuos. Orixe, transporte e destino dos principais contaminantes. Lexislación específica. Toma de mostra: chan e vexetación. Investigación analítica dos principais contaminantes.
|
Tema 6. Introducción aos Modelos Internacionais para a Xestión da Calidade |
Definición formal de calidade. ISO 9000, ISO 17025. Aspectos fundamentais que contemplan ambas normas. Algunhas dificuldades habituais. Discusión dalgúns aspectos críticos que configuran a calidade dun laboratorio. Ferramentas básicas empregadas no control da calidade: diagramas de Pareto, de Ishikawa, de afinidade. Cartas de control. Outras ferramentas. |
Prácticas de laboratorio |
Abordarán o proceso analítico da forma máis completa posible, dende a toma de mostra até a interpretación do resultado. Versarán sobre problemas reais dentro do campo medioambiental. |