Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Ao final do curso realizarase unha proba escrita para avaliar a adquisición de coñecementos (contidos) alacanzada polo estudante. Esta proba poderase sustituir por dúas probas parciais. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 4 ptos (sobre 10) nesta actividade. 30
Traballos tutelados Avaliaranse tanto os contidos recollidos no traballo como a axeitada utilización da bibliografía, ademáis da correcta utilización da expresión escrita e oral. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) neste apartado. No caso de que se detecten indicios de plaxio (tanto de libros, revistas ou fontes da internet), o traballo merecerá a calificación de "suspenso" e o alumno non poderá superar a materia. 35
Saídas de campo Constituen un dos pilares principais sobre os que se apoia esta materia. Despois de cada visita, os alumnos (de xeito individual) realizarán o pertienete informe. Rematadas todas as visitas, cada alumno encadernará todos os seus informes nun exemplar único que entregará ao profesor, na data convida, para a súa avaliación. Todas as visitas programadas son obrigatorias. Para superar a materia é preciso obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) nesta actividade. 35
Presentación oral Tanto o traballo tutelado como os informes das visitas serán expostos polos alumnos en presentacións oráis que conlevarán, tamén, debate e discusión dirixida. A porcentaxe desta metodoloxía na nota final incluiuse en cada unha de ditas metodoloxías (traballos tutelados e saídas de campo). 0
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura, o alumno deberá obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) unha vez computadas e sumadas as avaliacións de todas as actividades. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividadessuxeitas a avaliación precísase obter a calificación mínima indicada en cada unha delas. Polo tanto, de non se acadar dita puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a asignatura figurará como "suspenso".


Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade por suspender (ou non se presentar) aos "Traballos Tutelados" e/ou á "Proba Obxectiva", poderan repetilos na segunda oportunidade. Ao respecto ás "Saídas de Campo", é dicir, visitas a empresas, soamente poderánse recuperar na segunda oportunidade (reescribindo o pertinente informe e realizando a conseguinte presentación oral) se o alumno realizó as visitas durante o curso. Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen todas as saídas de campo serán calificados con "suspenso" nas dúas oportunidades.


Adicionalmente, os alumnos poderán obter ata 0.5 ptos en función do seu grao de participación e interés nas diferentes actividades. Estes puntos adicionais (no caso de obtelos) só se sumarán na calificiación daqueles alumnos que superen a materia.


Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán obter "Matrícula de Honra" se o número máximo distas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na primeira oportunidade.


Polo que respecta aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comenzar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programenpara dito curso.


Nota: Competencias que se avalían segundo as diferentes actividades:


Competencias A1, A4, A5, A6, A18, A24, A28, C1 y C8 avalíanse na Proba Mixta.


Competencias A24, A28, B3, B4, B5, B7, C1, C5 y C8 avalíanse nos Traballos Tutelados.


Competencias A6, A18, A28, B6, B7, C1, C5 y C8 avalíanse nas Saídas de Campo.


Competencias B3, B4, B5, B7 y C1 avalíanse na Presentación Oral.