Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Tecnoloxía Química | Código | 610G01041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | Valorarase a calidade dos traballos realizados en canto a contido e referencias bibliográficas, así como a presentación escrita e oral. As competencias avaliadas nesta actividade son: A24, A25, B3, B4, B5, C6 e C8. |
15 |
Prácticas de laboratorio | A realización das prácicas é obrigatoria. Valorarase o traballo experimental realizado no laboratorio e a memoria na que se recollerán obxectivos, resultados, tratamento dos datos e conclusións. As competencias avaliadas nesta actividade son: A7, A19, A20, A24, B3, B4 e B5. |
15 |
Proba mixta | Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno e as seguintes competencias: A11, A13, A15 e B2. |
65 |
Saídas de campo | Cada alumno realizará un informe individual sobre as instalacións visitadas que entregará ao profesor. É unha actividade obrigatoria. As competencias avaliadas con esta actividade son: A24, A25 e C6 |
5 |
Observacións avaliación | ||
Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e á visita técnica, acadar en cada unha das actividades que contabilizan na avaliación unha nota mínima de 4 sobre 10, e acadar unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, por ter suspendido ou por non terse presentado á proba mixta, poderán repetila na segunda oportunidade. Nesta segunda oportunidade se conservarán as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio, no traballo tutelado e na visita. Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen as actividades obrigatorias, non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades. Considerarase un alumno "non presentado" no caso de que non realice a proba escrita e teña realizado menos do 25% das actividades académicas programadas. Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, e polo tanto, os alumnos que non superen a materia e volvan matricularse, terán que realizar todas as actividades programadas, sen manteren ningunha das cualificacións obtidas en cursos previos. |