Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 610G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A cualificación das prácticas representa un 20% da cualificación global. Valorarase tanto a memoria entregada coma a actitude e o traballo desenvolto no laboratorio. Para poder superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 4 nesta parte. Competencias avaliadas: A26, A30, A31, B1, B2, B3, B4, C1, C3. |
20 |
Traballos tutelados | A cualificación dos traballos tutelados representa un 20% da cualificación global. Valoraranse tanto o cuestionario co traballo previo, coma o traballo levado a cabo na tutoría e as cuestións propostas ao final da misma. Competencias avaliadas: A26, B1, B2, B3, B4, C1, C3. |
20 |
Proba obxectiva | A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teoríco-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5. Competencias avaliadas:A26, B1, B2, B3, C1. |
60 |
Observacións avaliación | ||
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4 (sobre 10) na proba obxectiva ou nas prácticas de laboratorio. A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a asignatura. Os alumnos que obtiveran unha cualificación superior a 4 nas prácticas realizadas no curso 2013-14, non terán obriga de realizar novamente as prácticas e se lles gardará a cualificación obtida. Estes alumnos poden, se o desexan, realizalas prácticas e ser evaluados novamente. Tódolos demáis alumnos que non tiveran realizado as prácticas ou o fixeran en cursos anteriores ó 2013-14 terán que realizalas obrigatoriamente. Na primeira e na seguna oportunidade, os alumnos que realizaran as prácticas e obtiveran menos dun 5, poderán realizar, ademáis da proba obxectiva, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituirá á cualificación obtida nas prácticas á hora de facela cualificación global. Os alumnos que non participaran nos traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 neste apartado nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo. Na segunda oportunidade de xullo, para facer a cualificación global, manteráse a cualificación obtida durante o curso neste apartado. Outorgarase a cualificación de "non presentado" aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva. |