Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Física | Código | 610G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A cualificación total das prácticas representará un 15% da nota final, dividíndose nos seguintes apartados: - Un 5% corresponderase coa memoria de prácticas entregada. - Outro 5% representará a avaliación da realización dunha práctica o sexto día de asistencia ao laboratorio. - O 5% restante resultará de avaliar os coñecementos adquiridos mediante a realización dunha proba tipo test facéndoa coincidir coa data das oportunidades de xuño e xullo. A asistencia á sesión de aula previa, ás sesións de laboratorio e á proba tipo test é condición necesaria para ser avaliado, polo tanto, son de carácter obrigatorio. Consideraranse aprobadas as prácticas ao alcanzar un mínimo de 0,7 puntos en total (sobre 1,5). Avaliaranse as competencias: A26, A30, A31, B5, B8 y C4 |
15 |
Solución de problemas | A participación nas sesións de Seminario supoñerá un máximo do 5% da cualificación final. Avaliaranse as competencias: A22, A26, B1, B2 y B8 |
5 |
Proba obxectiva | A valoración das probas sobre temas teóricos realizadas aos longo do curso, puntuará cun máximo dun 21% á nota final, mentres que a resolución dos problemas propostos, contribuirá cun máximo dun 49% á cualificación final. A suma de ambas as dúas cualificacións (teoría e problemas) haberá de alcanzar un mínimo de 4 puntos (sobre 10) para ter opción de superar a materia. Avaliaranse as competencias: A22, A26, B2, B10 y C8 |
70 |
Traballos tutelados | O traballo tutelado equivalerá ao 10%, como máximo, da cualificación final. Avaliaranse as competencias: B3, B4, C1 y C3 |
10 |
Observacións avaliación | ||
A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles alumnos que non realizasen as prácticas na súa totalidade e non se presentasen ás distintas probas. A non presentación ás probas, coas prácticas realizadas e aprobadas, alcanzará a cualificación de suspenso. Na oportunidade de xullo conservaranse as notas de prácticas, asistencia e traballo tutelado. Dado que a asistencia a todas as sesións das prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, a non asistencia sen causa xustificada implica non poder superar a materia. A realización destas farase exclusivamente durante o calendario oficial previsto polo centro. O alumno que non alcance o mínimo esixido nalgunha das actividades, aínda que a nota de todas elas alcance o aprobado, terá un 4.5 en actas, é dicir, suspenso. Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que realizar obrigatoriamente as prácticas de laboratorio así como as actividades derivadas destas para poder superar a materia, representando o 15% da nota global. Poderán optar a realizar o traballo tutelado (10%), representando a proba obxectiva o 75% da nota restante. |