Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación continua. Avaliación competencias A30 e A32 20
Traballos tutelados Traballos elaborados polos alumnos e presentación dos mesmos. Avaliación competencia A22 30
Proba obxectiva Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura. Avaliación competencias A6 e A23 50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases prácticas de gabinete e a elaboración dos traballos de seminario son condicións necesarias para ser avaliado. A participación nas prácticas e realización do traballo suporá o 50% da cualificación final (prácticas: 20% e traballo: 30%). Os exames dos contidos teóricos representan o 50% da mesma. Para superar a materia, a teoría ten que estar aprobada. Adicionalmente valorarase a presentación dos seminarios, así como a participación activa neles, asistencia e participación nas tutorías, saída campo, visita AEMET, etc., podendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final. Os alumnos que non superen o exame eliminatorio serán avaliados nos exames oficiais das convocatorias de Xuño e Xullo. Nestas convocatorias avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), mediante exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. En todas elas, manterase a cualificación dos traballos realizados, aínda que se poderá presentar outro que supere a cualificación obtida previamente. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO, os alumnos non poderán participar en máis dun 40% das actividades avaliables programadas.