Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida - Realizaranse 7 sesións obrigatorias de discusión dirixida, de 50 minutos de duración cada unha. Están dirixidas a 8 grupos reducidos de alumnos e supervisadas polo profesor. Nelas realizaranse diversas actividades, computables dentro do sistema de avaliación:
-A) Clarificación das dúbidas presentadas polo alumno sobre os contidos da materia explicada nas clases maxistrais.
-B) Durante cada semana das sesións de grupos reducidos, os alumnos realizarán un cuestionario, cuxa temática se relaciona cos contidos da materia abordados en cada sesión de grupos reducidos, que traballarían empregando a bibliografía recomendada. Os cuestionarios estarán a disposición do alumno na plataforma moodle e serán contestados nela.
-C) Interpretación de imaxes microscópicas de órganos animais e vexetais obtidas en diversas páxinas web de histología especial/organografía, onde tratarán de identificar distintos aspectos da anatomía dos órganos estudados
- Estas sesións permitirán coñecer de forma directa o grao de asimilación do alumno. Irán intercaladas entre as clases maxistrais de teoría e sempre se relacionarán cos contidos abordados nelas, explicados previamente.
En caso de darse circunstancias que impidan a asistencia ás sesións de discusión dirixida, estas deberán ser comunicadas con anterioridade ao profesor, e terán que ser justificadas documentalmente.
O calendario dedicado a esta actividade indicarase a principio do curso.

- A partir das actividades desenvolvidas durante as sesións de discusión dirixida, os alumnos desenvolverán as seguintes competencias: A1, A5, A11, B1, B3, B4, B5, B6, B7, B8, B11, C1, C3.


Prácticas de laboratorio -Realizaranse 15 horas obrigatorias de prácticas de laboratorio, distribuídas nunha sesión de 1 hora e 7 sesións obrigatorias de 2 horas de duración cada unha, durante 4 semanas. Organizaranse 7 grupos, en quendas de mañá (4) e tarde (3). O calendario das prácticas e o horario de cada grupo publicaranse durante o curso. Nelas o profesor exporá os obxectivos de cada práctica, orientará as observacións do alumno, e aclararalles as dúbidas que se lle expoñan sobre a identidade das estruturas observadas.
- Observarán diferentes preparacións microscópicas de órganos animais e vexetais a microscopio óptico. Nelas identificarán os diferentes tipos celulares e tecidos para poder coñecer a estrutura dos órganos obxecto de estudo. Para iso, disporán de microscopios e terán acceso a atlas, textos e a páxinas específicas de internet.
- En ocasións, resolverán un cuestionario relacionado coas súas observacións.
- Tamén se abordarán aspectos teóricos concernentes á metodoloxía experimental que se emprega na materia, para que o alumno adquira as destrezas manuais propias das técnicas anatómicas.

- En caso de darse circunstancias que impidan a asistencia ás prácticas, estas deberán ser comunicadas con anterioridade ao profesor, e terán que ser debidamente justificadas documentalmente.
- A partir das actividades desenvolvidas durante as sesións de prácticas de laboratorio desenvolveranse as competencias seguintes: A1, A4, A5, A11, A30, A31, B3, B4, B5, B6, B7, B8, B9, C1, C3.
Sesión maxistral -Ao longo do cuadrimestre impartiranse 28 leccións maxistrais obrigatorias de 50 minutos de duración a un grupo amplo de alumnos, a razón de 2 sesións por semana, en grupos de mañá e tarde. As leccións tratarán sobre os contidos teóricos básicos do programa, que o profesor explicará axudándose de debuxos, imaxes e de medios audiovisuais (presentacións con computador). Tamén se resolverán cuestións puntuais expostas polos alumnos. Para un maior aproveitamento destas sesións, aconséllase que o alumno repase os coñecementos de Histología Vexetal e Animal adquiridos no curso anterior e lea previamente os aspectos fundamentais das leccións nos textos bibliográficos recomendados
Desenvolveranse segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade.

A partir das actividades desenvolvidas durante as sesións maxistrais, os alumnos desenvolverán as seguintes competencias: A1,A29,B1,B3, B6,B7,B8, C1, C3.

Actividades iniciais Dedicarase unha primeira sesión á presentación da materia onde se exporán os distintos apartados da guía docente (estructuración, competencias, programa-contidos, planificación, metodoloxía, avaliación, recursos bibliográficos, etc.) e onde o alumno poderá expor calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos. Así mesmo porase a disposición do alumno un cronograma detallado das actividades a desenvolver durante o cuadrimestre e unha versión completa da guía docente na plataforma Moodle.

Proba obxectiva Realizarase un exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, na data oficial fixada pola Xunta de Facultade.
- Os alumnos que non superasen o exame oficial da Convocatoria de Maio, ou non se presentaron á mesma poderán examinarse na Convocatoria de Xullo.