Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico | Código | 610G02016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | Avalíase a través da proba mixta. | 0 |
Proba mixta | Proba escrita dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais (50%) e na resolución de problemas (20%). | 70 |
Prácticas de laboratorio | Asistencia obrigatoria. Avaliación continua durante o desenvolvemento destas (5%). Exame (15%). | 20 |
Solución de problemas | Realizarase unha avaliación continua da elaboración de problemas e cuestionarios, os cales serán avaliados e supoñerán o 10% da nota final. Ademais, os coñecementos adquiridos na resolución de problemas serán valorados na proba mixta. | 10 |
Observacións avaliación | ||
A asistencia ás sesións de resolución de problemas e ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.
O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a proba mixta para superar a materia. Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente. Para a avaliación continua, no que se refire á resolución de problemas, cada estudante deberá entregar resoltos os correspondentes boletíns de problemas previamente á asistencia a cada sesión e na forma indicada polo profesor. Finalmente, deberá acudir á correspondente sesión. Proba mixta: estará constituída por dúas partes, unha teórica (50%) e outra de resolución de problemas (20%). Para aprobar a materia deberá superarse cada unha das partes avaliables: teoría, prácticas e resolución de problemas. Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta. No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a teoría, repetindo a parte correspondente da proba escrita, o mesmo no caso da resolución de problemas. Se son as prácticas, repetindo o exame. ADVERTENCIA: se non se realizaron as prácticas haberá que superar ademais un exame práctico. No caso de que varios alumnos optaran á obtención de Matrícula de Honra e non se puidesen concender todas, concederáselle a aqueles alumnos que obtivesen a máxma cualificación na primeira oportunidade. |