Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario En todos os seminarios avaliarase a participación activa, e nalgúns casos poderá haber un examen curto ao final. Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día. A nota obtida dos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

COMPETENCIAS:A6, A22, A26, A29
20
Proba obxectiva Trátase dunha proba con 10 preguntas curtas cada unha delas calificada sobre 10.

COMPETENCIAS: A1, A6, A9, A20,A22, A24, A28
60
Estudo de casos Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. O alumno entregará ao final de cada estudo de caso, un resumen cas principáis conclusións obtidas tanto do traballo desenvolvido individualmente como da discusión final conxunta. A nota obtida nestes casos de estudo manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

COMPETENCIAS: A6,A20,A22,A23,A26,A28,A30, A31, A32
20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.


Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán consdierados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios, nas prácticas e no
exame “de visu”).

Se, por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso  e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionaráse á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.