Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas, así como a traveso da cualificación do caderno de prácticas que aparece baixo o epígrafe "Portafolios do alumno", avaliándose conxuntamente.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
As competencia a ser consideradas, conxuntamente co portafolios do alumno, serán A4, A10, A26, A28, A29, A30, A31; B1, B2, B3, B4, B5, B6, B7, B9, B11; C1,C3,C6
2
Proba obxectiva Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 70% na nota final (máximo 7 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia). As competencias a ser consideradas serán A29; B1, B3, B4, B8, B9; C1, C2, C7
70
Seminario Debates, exercicios escritos e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
As competencias a ser consideradas serán A28, A29; B1, B2, B3, B5, B7, B8, B9, B11; C1, C6, C8
10
Portafolios do alumno Deberá ser presentado con CARÁCTER OBRIGATORIO e individualmente por todos os alumnos de cada grupo de prácticas, dentro das 3 semanas seguintes ao remate das mesmas.
No caso dos monitores, que non terán que presentar caderno de prácticas, a avaliación estará baseada conxuntamente no traballo realizado no laboratorio ao longo das sesións de prácticas dos diferentes grupos, computando así conxuntamente até un total de 2+18= 20%. As competencia a ser consideradas, conxuntamente coas prácticas de laboratorio, serán A10, A26, A29, B1, B3, B4, B5, B6, B8, B9, B11, C1, C3, C6.
18
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos
tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de
NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",
tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e presentado o
caderno de prácticas ("portafolios do alumno"), e/ou participaran nos
debates desenvoltos nos "seminarios".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado
á "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima
mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente
calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"
e/ou participaran nos "seminarios".

-Os alumnos que concorrendo a unha segunda oportunidade de
avaliación
; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio"
e/ou non tiveran presentado o caderno de prácticas ("portafolios do
alumno"), terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como
parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha
cualificación mínima de 5.0.

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran
á "proba obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas
de laboratorio” e/ou tiveran presentado ou non o caderno de prácticas
("portafolios do alumno"), e participaran ou non nos debates
desenvoltos nos “seminarios”.

Serán cualificados con
SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva",
non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado
“Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra
actividades como son as "prácticas de laboratorio" e/ou participaran
nos "seminarios".