Código Competencias da titulación
A1 Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A9 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A12 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.