Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realización de exercicios individuais ou en grupo que os alumnos realizarán durante os diferentes obradoiros, a proposta do profesor. 25
Proba mixta Como alternativa á proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesorado pode realizar proba(s) mixtas, organizadas ao longo do período docente. Para a realización das probas mixtas, o profesor pode pedir o cumprimento dalgunha condición 65
Aprendizaxe colaborativa Consiste na realización de traballo/s en grupo.
Cada traballo pode ser obxecto dalgún sistema de comprobación por parte do profesor
5
Proba oral Con esta proba se evalua a exposición oral do alumnado e/ou a súa participación activa en clase. A/s modalidades de proba oral estableceranse segundo criterio do profesor. 5
 
Observacións avaliación

A proba mixta considérase fundamental na avaliación, sendo necesario obter nela un mínimo de 26 puntos (é dicir un 40% ). Se un alumno non obtén o mínimo esixido deberá realizar a proba final.

Aprobarase a materia cando se obteñan cincuenta puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nas probas mixtas.


Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota na proba final das convocatorias oficiais


Considérase un alumno como non presentado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.