Código Competencias da titulación
A1 Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A3 Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A6 Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.