Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Considérase discusión dirixida a asistencia e participación nas clases e titorías. 15
Traballos tutelados Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia. 60
Obradoiro Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios, etc. de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial. 25
 
Observacións avaliación

A asistencia e participación nas clases e tutorías puntuará
un 15 % da nota.


Na segunda edición de
actas (mes de xullo) poderase presentar unha nova versión dos traballos que non
obteñan o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente no módulo de
asistencia e participación, a nota do traballo constituirá o 100% da
cualificación final.



Para a segunda
edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día fixado
oficialmente para o exame.


As actividades
entregaranse na plataforma Moodle ou se enviarán por correo electrónico desde a
dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a
gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.



Só se aceptarán
traballos, actividades, etc., que se entreguen no prazo establecido.



Os traballos,
actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística
propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro
formal, discurso coherente e cohesionado, etc.).  Penalizarse a nota dos escritos que non se
axusten a esta norma.



O plaxio (é dicir, a
utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de
procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica,
dará lugar á descalificación automática da actividade.



Estudantes con
dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o
100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.