Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Participación nas aulas e outras actividades de avaliación 10
Traballos tutelados Traballos (de carácter OBRIGATORIO e, polo tanto, NECESARIO para aprobar ) 40
Proba de resposta breve Exercicio escrito (de carácter OBRIGATORIO e, polo tanto, NECESARIO para aprobar ) 40
Solución de problemas Exercicios e actividades propostas 10
 
Observacións avaliación

No caso da proba escrita, o criterio fundamental de avaliación será a demostración por parte do alumno do seu dominio dos contidos teóricos da materia.

No caso das demais sesións, os criterios de avaliación serán o cumprimento dos requisitos e obxectivos formulados nos enunciados dos exercicios, o grao de asimilación das técnicas vistas nas sesións teóricas, a claridade das explicacións do alumno á hora de presentar a solución proposta, e a responsabilidade no uso axeitado dos recursos dispoñibles no laboratorio.

No caso dos traballos tutelados, os criterios de avaliación serán similares.

Recordar de novo que é imprescindible realizar e aprobar tanto o exame coma o traballo tutelado para aprobar a materia.

Os alumnos matriculados a tempo parcial que solicitasen e obtido dispensa académica poderán entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán para tal efecto e se comunicará ao alumnado afectado a principio de curso.

Aos alumnos que obteñan cualificación de suspenso ou non presentado na primeira oportunidade manteráselles a cualificación da proba escrita e do traballo tutelado para a segunda oportunidade; tendo a opción de realizar de novo a proba e/ou o traballo para mellorar a nota. Os alumnos que aproben a materia na primeira oportunidade (xuño) non poderán repetir o exame nin reentregar traballos para mellorar a súa cualificación.