Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. |
Discusión dirixida |
O alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema relacionado coa materia, baixo a coordinación dun moderador ou moderadora. Entre os temas de discusión incluiranse diversos aspectos das lecturas obrigatorias, segundo a distribución feito polo profesor. |