Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación escrita | Código | 613836053 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | O 55% da cualificación desta materia analízase en dous conceptos: o 10% por asistencia e participación nas clases, por unha parte, e o 45% por taller, por outra. No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso. Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras. |
55 |
Traballos tutelados | Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será aconsellable o seguimento por parte da profesora. Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo de forma eficaz. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión. No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso. Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras. |
45 |
Observacións avaliación | ||
- Na segunda oportunidade (mes de xullo), aqueles
estudantes que non superasen a materia, que asistisen regularmente a clase e que realizasen un 60% das actividades propostas terán que repetir unicamente aquelas actividades ou probas non superadas. En os casos restantes, serán avaliados pola realización de traballos tutelados propostos pola profesora. - Cualificarase como «NP» (non presentado) a quen non entregue o traballo final tutelado en ningunha das dúas oportunidades. -Con respecto á realización de exercicios prácticos e ao traballo final, deben entregarse no prazo fixado pola docente. Esta resérvase o dereito de penalizar o material recibido fóra de prazo. |