Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e participación na aula. 15
Discusión dirixida Os alumnos discutirán de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, coordinados pola profesora. 10
Traballos tutelados O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. A profesora prestaralle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
50
Presentación oral Exposición oral dalgunha das actividades propostas pola profesora. 15
Solución de problemas Proposta/s de resolución dunha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron. 10
 
Observacións avaliación
Segunda oportunidade (xullo): aqueles estudiantes que non teñan  superado a materia e teñan asistido regularmente ás aulas e realizado un 60% das actividades propostas, terán que repetir únicamente aquelas actividades ou probas non superadas. Nos casos restantes, serán avaliados pola realización dos traballos tutelados propostos polo/a profesor/a (100% da cualificación).

 

Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o 100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.